Algunha foto do “Obradoiro de reparación e reciclaxe de altofalantes”

Algunha das fotos do “Obradoiro de reparación e reciclaxe de altofalantes” que organizmos o 9 de xullo no “Banco de reciclaxe electrónica de Ames” (antigo centro de saúde do Milladoiro, r/ Agro do Medio 8, Ames).

Nesta xornada de formación estivemos vendo unha introdución á reparación de altofalantes, e tamén aproveitamos para ver outros conceptos sobre son, amplificadores e trucos sinxelos para mellorar a nosa cadea de son e poder disfrutar de melloras na calidade de reprodución da nosa música.

Como podedes ver nas imaxes, asistiu un público variado, tanto adultos coma nenos e persoas con diferentes perfís técnicos (estudiantes de son, enxeñeiras, músicos e amantes da música).

No Banco de reciclaxe de Ames, seguiranese programando máis actividades parecidas a esta, estade atentos ás redes sociais.

Localización do local do Banco de reciclaxe:
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.84445&mlon=-8.57798#map=19/42.84445/-8.57798

https://goo.gl/maps/h8nFXRQxEHTC3mHp8

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario