Que din os rumorosos… Arroutadas da historia de Galicia

Xa podes escoitar 6 programas de “Que din os rumorosos”, serie de podcast da historia de Galicia na que colaborei nos apartados técnicos de gravación, edición e montaxe dos programas. O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Un proxecto independente que tenta contar a historia de Galicia sen pelos na lingua e con … Ler máis

Algunha foto do “Obradoiro de reparación e reciclaxe de altofalantes”

Algunha das fotos do “Obradoiro de reparación e reciclaxe de altofalantes” que organizmos o 9 de xullo no “Banco de reciclaxe electrónica de Ames” (antigo centro de saúde do Milladoiro, r/ Agro do Medio 8, Ames). Nesta xornada de formación estivemos vendo unha introdución á reparación de altofalantes, e tamén aproveitamos para ver outros conceptos … Ler máis

Quitar vibracións nos altofalantes

Para rematar esta serie sobre eliminación de vibracións, falamos hoxe sobre as opcións que temos dispoñibles no caso dos altofalantes. Unha das opcións máis extendidas é o uso de pranchas de illamento acústicos pensadas para poñer debaixo dos altofalantes, sobre todo cando os altofalantes están colocados sobre unha mesa ou unha estantería. Estas bases veñen … Ler máis

Quitar vibracións no tocadiscos (segunda parte)

Continuamos con máis consellos para quitar vibracións dos nosos equipos musicais. Nesta entrada veremos a posibilidade de usar unha prancha de aillante acústico (coñecida comercialmente como Copopren) pero tirando proveito das súas características de absorción mecánica para evitar vibracións no aparello que lle poñamos enriba. Na seguinte imaxe vese o aillante colocado debaixo do tocadiscos, … Ler máis

Ola mundiño!

Este é un blog sobre produción, gravación e edición de son, ademais de conter información sobre diferentes trebellos relacionados coa reprodución de música, entre outras teimas miñas. Benvido a Fala!.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario