Continuamos con máis consellos para quitar vibracións dos nosos equipos musicais. Nesta entrada veremos a posibilidade de usar unha prancha de aillante acústico (coñecida comercialmente como Copopren) pero tirando proveito das súas características de absorción mecánica para evitar vibracións no aparello que lle poñamos enriba.
Na seguinte imaxe vese o aillante colocado debaixo do tocadiscos, axudando así a absorvelas vibracións e evitando que salte a agulla.
Lóxicamente, canto maior sexa o grosor da prancha, mellor absorverá as vibracións. Na imaxe podedes ver unha prancha de 40 mm de grosor.
Este material vale tamén para poñer debaixo de aparellos que teñan válvulas ou compoñentes eléctricos que emitan vibracións ao traballar, e tamén é recomendable para colocar debaixo de subwoofers ou altavoces.
O prezo deste material é asequible se o mercades en tendas grandes de materiais industriais ou para a construcción, o único problema é que atoparédelos en pranchas dun tamaño grande (arredor de 2.000 mm de largo por 1.200 de ancho), pero pódese cortar fácilmente cunha coitela normal. A prancha coas dimensións que vos comento, cun grosor de 40 mm, custa arredor dos 21€.
Recordade que no artigo anterior sobre eliminar vibracións, falamos da posibilidade de usar amortecedores de xel que se usan no control de ton nos tambores, colocándoos nos pes do tocadiscos e que teñen un prezo de 10€ por 30 unidades. A opción dos amortecedores é mellor estéticamente, pero a eliminación de vibracións é máis efectiva coa prancha de aillante acústico.
En próximos artigos, máis trucos e consellos para sacar maior partido aos vosos trebellos.