Se che gusta a música en vinilo, necesitarás un tocadiscos para poder reproducilos. O tocadiscos é un aparello sensible, que necesita estar ben equilibrado e axustado para conseguir un son de calidade, e que non é nada amigo do po e das vibracións.
Un dos problemas habituais que podemos ter co tocadiscos é o das vibracións, se non dispoñemos dunha base especial antivibración para el, pero estas bases ou mesas soen ser bastante caras. Unha solución barata é a que vos traio hoxe, usar estes amortecedores de xel que se usan para o control de ton nos tambores, colocados nos pes do tocadiscos (prezo de 10€ por 30 unidades).
Colocando un amortecedor destes debaixo de cada pé do tocadiscos, conseguiremos reducir as vibracións que se transmiten a través da base onde está colocado o tocadiscos.
E xa poderemos disfrutar da nosa música en vinilo con menos saltos da agulla.
😉
En próximos artigos contareivos máis trucos e consellos, para sacarlle maior partido aos vosos trebellos.