Quitar vibracións nos altofalantes

Para rematar esta serie sobre eliminación de vibracións, falamos hoxe sobre as opcións que temos dispoñibles no caso dos altofalantes. Unha das opcións máis extendidas é o uso de pranchas de illamento acústicos pensadas para poñer debaixo dos altofalantes, sobre todo cando os altofalantes están colocados sobre unha mesa ou unha estantería.

Prancha de illamento acústico para altofalante con inclinación

Estas bases veñen cortadas en dúas pezas individuais, para poder colocar o altofalante en horizontal (coas dúas pezas unidas) ou cunha certa inclinación (sacando a peza superior e quedando como se ve a imaxe de enriba).

Teñen un prezo razoable (a partir de 10€/unidade) pero non teñen un tamaño moi grande, así que serán útiles para altofalantes con bases ata 300×200 mm, inda que sempre podemos unir 2 ou máis para conseguir unha superficie maior.

Base de illante acústico para altofalante

O illamento do altofalante é interesante tanto para non transmitir vibracións á mesa, como para aillar o propio driver do altofalante e poder traballar sen resonancias.

Como vimos no artigo anterior sobre eliminación de vibracións, podemos facernos pranchas a medida doutros materiais (Copopren) a un prezo menor. Ademais, poderemos cubrir superficies grandes (ata 2×1 metros). Se dispoñes dun subwoofer voluminoso, a opción do Copopren é a que recomendo (tanto por prezo como por cantidade de vibracións eliminadas).

Prancha de illante acústico debaixo de subwoofer

No caso de altofalantes, enriba de mesa ou estantería, tamén poderemos empregar os amortecedores de xel que vimos no primeiro artigo sobre eliminación de vibracións.

Amortecedores de xel

Nos próximos artigos contareivos máis trucos e consellos, para sacar maior partido dos vosos trebellos.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario