Que din os rumorosos… Arroutadas da historia de Galicia

Xa podes escoitar 6 programas de “Que din os rumorosos”, serie de podcast da historia de Galicia na que colaborei nos apartados técnicos de gravación, edición e montaxe dos programas.

O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Un proxecto independente que tenta contar a historia de Galicia sen pelos na lingua e con quen mellor sabe contala; historiadores, investigadoras e arqueólogas.

PARTICIPAN DESTACADOS HISTORIADORES E ARQUEÓLOGOS

Esta primeira serie de programas céntrase no reino medieval de Galicia, desde a chegada dos suevos ata as guerras Irmandiñas e a coñecida como “doma y castración del Reyno de Galicia”.

Seis programas nos que se abordarán a Galicia medieval, o reino suevo, o papel da Igrexa neste periodo, a relación entre a nobreza, os servos e os viláns, o papel das mulleres na Idade Media e as revoltas irmandiñas.

En todos os programas participarán especialistas na materia. Entre eles, os especialistas Anselmo López Carreira, Carlos Tejerizo, José Miguel Andrade Cernadas, Xosé Sánchez Sánchez, Marcos Fernández, Diana Pelaz,  Miguel García-Fernández, Carlos Barros e Alfredo Erias. Ademais, en cada programa hai tres microespazos independentes realizados polo arqueólogo Xurxo Ayán; a divulgadora e especialista en historia da arte, Carolina Casal e o actor e divulgador Avelino González.

PLATAFORMAS DE ESCOITA

As plataformas de podcast onde se poderá atopar o programa son estas:
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-que-din-os-rumorosos-arroutadas-da-historia_sq_f11602566_1.html
Spotify: https://open.spotify.com/show/2j8JLObR5oN89bKVldRAsX
Feed de suscripción: http://feeds.feedburner.com/ArroutadasHistoriaGalicia

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario